EXPERIENCIA, ACTUALIDADE E MODELOS EXTERNOS

O TEATRO E OS PÚBLICOS

A CREACIÓN E OS SEUS PROCESOS

O Primeiro Congreso Internacional do Teatro Galego nace paralelamente e como un dos seus obxectivos fundamentais coa Academia Galega de Teatro, quen na súa presentación pública no Consello da Cultura Galega o 27 de marzo de 2018, expón e argúe as liñas básicas da súa necesidade e dos seus obxectivos fundamentais, entre os que se atopa o I Congreso Internacional do Teatro Galego.

 

Xorde esta iniciativa necesaria, tras corenta anos de exercicio profesional, con vocación de pluralidade aberta a todas aquelas experiencias e manifestacións teatrais que lle dan forma ao teatro en Galicia; e polo tanto todos os esforzos se concentraron en procurar os apoios necesarios dun amplo abano de sectores con implicación directa.

 

Este congreso ten a súa única referencia histórica no Primeiro Encontro do Teatro Profesional celebrado en Ferrol en xuño de 1988 co apoio de diversas persoas e entidades e coa participación dun sector importante da profesión e dos representantes políticos; cuxos resultados, publicados en 1991 polo Ateneo Ferrolán co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, foron o activador de políticas teatrais que hoxe precisan ser revisadas e renovadas.

 

Mais a sociedade evoluciona constantemente e a realidade teatral, a social e mais a política cambian co paso do tempo; e por iso, trinta anos despois da celebración daquel primeiro encontro do teatro profesional, consideramos que é necesario revisar profundamente todo aquilo que afecta ao teatro, á sociedade e ás políticas teatrais; para o que dispoñemos a celebración deste Primeiro Congreso Internacional do que, co compromiso de todos, deberá saír o plan estratéxico de futuro para o Teatro Galego.

 

Convócase o I Congreso Internacional do Teatro Galego, co 2030 no horizonte

Experiencia, actualidade e modelos externos; o teatro e os públicos e a creación e os seus procesos.

 

 

 Academia Galega de Teatro. Rúa Álvaro Cebreiro, 15 – 1º 15003 A CORUÑA